Referencia: |
060164 |
Nomenclator: |
3207807 |
Coord. UTM: |
x: 61728774 y: 466369148 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PARADIÑA |
Lugar: |
Vilariño Frío |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Capelas |
Subtipo: |
Capela |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Capela de planta rectangular, de escasos 9 m. de longo por 5 m. de largo, dunha soa nave e coa cabeceira orientada ao Sur. Foi reformada en 1988, e actualmente presenta cuberta a dúas augas con tella francesa e muros de perpiaño concertado nas fachadas Norte e Oeste, e de cachotería na Leste e na Sur. A fachada principal presenta portada sinxela alintelada e remata cunha espadana dun so arco e cruz latina de sección cuadrangular.
Durante as obras de reforma apareceron dúas aras formando parte da mesa do altar; unha delas, a máis pequena, foi destruída, e a outra foi depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
As primeiras novas que aparecen nos libros parroquiais datan de finais do século XVII: "(.. ..) Ay otro lugar llamado Villaerino Frío en el qual hay una hermita de San Estevan derrotada y indecente no ay obligacion de decir missa en ella, y si en el dia del Santto San Estevan quisieran oir missa en ella la an de pagar al Abbad dichos vecinos (.. ..)" (Libro de visitas e contas de fábrica, 45-6-10, folio 1). Nos mandamentos da visita do 15 de agosto de 1714 ordenase o seguinte: "Y por que su merced esta informado que la hermita de San Ysteban esta mal reparada manda su merced se notifique a los vecinos del lugar de Villarino la compongan y reparen para que se pueda dezir misa en ella" (Libro de visita e contas de fábrica, 45-6-10, folio 72). Na visita que se fai á parroquia de Codosedo o 3 de agosto de 1728, a capela segue "indecente" e dáselle aos veciños dous meses de prazo para reparala. En 1736, reedificouse nun lugar diferente ao seu antigo emprazamento e encárgase unha imaxe nova de San Estevo (Libro de visitas e contas de fábrica, 45-6-10, visita de 2 de xullo 1736, folio 135).
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
Libro de visitas e contas de fábrica, 45-6-10.