Referencia: |
060167 |
Nomenclator: |
3207807 |
Coord. UTM: |
x: 617187 y: 4663630 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PARADIÑA |
Lugar: |
Vilariño Frío |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Romanos |
Subtipo: |
Xacemento Romano |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Nunhas hortas situadas ao sur da aldea de Vilariño Frío, ao pé das casas, coñecidas co nome de "Os Uchos", apareceron en superficie, segundo se recolle na Ficha do Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia, diversos fragmentos de tégula con pestana de pasta alaranxada. Estes restos, sumados ás dúas aras que se albergaban no interior da capela de Santo Estevo e á aparición da metade dun muíño de granito atopado na Costiña (ao Norte de Vilariño), falan da existencia dun asentamento de filiación romana nesta zona cuxas dimensións non se poden determinar polo momento.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078ACH-1.2