Igrexa parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

060169

Nomenclator:

3207808

Coord. UTM:

x: 61457893 y: 466138581

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

PERRELOS

Lugar:

Perrelos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Plena Idade Media

Estilo Relevante:

Románico
Igrexa parroquial de Santa María

Descrición:

Igrexa de planta rectangular e cabeceira cadrada con van de arco de medio punto e decoración de dentes de serra . Na fachada principal, portada de arco de medio punto, con tres arquivoltas sobre columniñas con decoración de dentes de serra e bezantes na arquivolta interior. Sobre a portada, espadana de dous corpos. O primeiro composto por dous arcos e o segundo dun só arco e rematado por unha cruz sinxela e pináculos aos lados. Na fachada Norte portada con arco de descarga que foi repicada  na parte correspondente ao tímpano, no que aparece representada unha cruz florenzada inscrita nun círculo.
 
Segundo os libros de fábrica da parroquia, en outubro de 1796, someteuse a igrexa a unha serie de "arreglos", feitos, sendo cura: Don Domingo Diaz Aguera. Consistiron en allanar o piso da igrexa , arrenxando as súas sepulturas, pila bautismal, arreglo das pedras dos colaterais e alargamento do arco da capela maior. Por todo esto pagouse 256 reais e durou a obra 37 días.
 
Nos primeiros anos do século XIX recóllense os seguintes gastos de obras: "De en data tres mil quinientos sesenta reales que importaron las obras del campanario , revaje del cuerpo de la yglesia, cornisar, composición del atrio que cuyas obras e obtenido licencia del excelentisimo Señor Don Pedro de Quevedo y Quintero Cardenal de Roma y Obispo de Orense" (Libro de contas de fábrica, 45-14-11, folio 116).
 
Conserva unha talla barroca coa imaxe de Santa Lucía e unha cruz procesional de estilo rococó feita polo prateiro ourensán Carballal en 1778. Nas contas de tesoreiría de 1829, dase conta dun descargo: "(.. ..) que entregó al maestro platero por componer la cruz de plata que se havia partido" (Libro de contas de fábrica, 45-14-11,  folio 137 volto)
 
A poucos metros da portada da Igrexa está o "Xacemento do Diestro".
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el Inventario del Mobiliario  Litúrgico de la Diócesis de Orense. Fundación Barrié de la Maza, Pontevedra, p. 221.
- JUANA de, J., A Alta Limia. (A Terra que medrou vencellada a unha lagoa). Ir Indo, Vigo, 1993., p. 104.
- LÓPEZ DE PRADO,  X. L., Guía Monumental.. Deputación Provincial de Ourense, 1986, p. 239..
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro de contas de fábrica, 45-14-11.

volver a búsqueda