Referencia: |
060170 |
Nomenclator: |
3207808 |
Coord. UTM: |
x: 61459655 y: 466140533 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PERRELOS |
Lugar: |
Perrelos |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Reitorais |
Subtipo: |
Casa Reitoral |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
A Casa Reitoral de Perrelos sitúase ao carón da Igrexa Parroquial de Santa María, na ladeira dun pequeno outeiro. Trátase dunha edificación que se desenvolve arredor dun curral central, en torno ao que se dispoñen as diferentes construcións, cercando a parcela ao exterior. O corpo principal, destinado a vivenda, presenta planta rectangular, con orientación Leste-Oeste. Está levantado con perpiaño concertado en seco e presenta unha cuberta con armazón de madeira e tella curva. Distribúese en dous andares, presentando na planta baixa vanos verticais de ventilación e, na planta alta, pequenas ventás rectangulares cerradas cun bastidor de madeira de dous corpos, que non todas conservan. Este núcleo principal foi ampliado posteriormente cara o Leste e o Sur con novos corpos. Destaca o construído no lado Sur que, a diferencia do anterior, presenta na planta alta ventás cadradas de dobre batente con bastidores de dous corpos e topete superior. A continuación deste, levantouse unha galería de ferro sobre un corpo de ladrillo e cemento.
Se o edificio destinado a vivenda se dispón ao Norte do curral, ao Sur, e con orientación Noreste-Suroeste, vanse distribuíndo as distintas construcións auxiliares, tales como alpendres e palleiras. Estas están edificadas con cachotes e teñen cuberta con armazón de madeira a unha auga con tella curva.
O curral cérrase ao Leste e ao Oeste cun valo de cachotes de gran altura, tendo en cada un dos lados un portalón de entrada. Non se accedeu ao interior, polo que se descoñece a existencia doutras construcións auxiliares como fornos, pozos, etc.