Referencia: |
060171 |
Nomenclator: |
3207808 |
Coord. UTM: |
x: 61382965 y: 466120793 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PERRELOS |
Lugar: |
Perrelos |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Capelas |
Subtipo: |
Capela |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio de planta rectangular e cuberta a tres augas con armazón de madeira e tella mixta. Os muros evidencian unha ampliación no terzo dianteiro, que está realizado con perpiaño regular, mentres o resto do edificio presenta perpiaño irregular. A fachada principal ten porta alintelada flanqueada por dous vans rectangulares con tres balaústres pétreos e celosía interior de madeira. O lintel da porta presenta a seguinte inscrición: "AÑO de MIL789". Remata a fachada cunha espadana dun so arco, con arquitrabe no arranque do voo do arco, sobre o que se asenta unha cruz latina coas arestas rebaixadas. Pegados á fachada Leste, un banco de perpiaño e unha fonte realizada con pedras reaproveitadas.