Pedra do Arangaño

mapa ficha

Referencia:

060177

Nomenclator:

3207808

Coord. UTM:

x: 61317763 y: 466276666

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

PERRELOS

Lugar:

Perrelos

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Pedra do Arangaño

Descrición:

A Pedra do Arangaño sitúase a 780 m de altitude sobre o nivel do mar, nunha zona rochosa, a medio camiño entre Perrelos e Cortegada.Trátase dunha curiosa rocha que presenta unha cavidade central, produto da erosión, que recibía grande culto por atribuírselle poderes curativos contra o coñecido como "mal do arangaño", unha enfermidade, que se cría froito dun mal de ollo e que padecían algúns nenos, exteriorizada nun enfraquecemento e deformación do corpo, pero que non era outra cousa que raquitismo.
 
Os nenos que sufrían este mal eran levados ante a pedra do Arangaño e debían pasar por debaixo dela, por un pequeno oco existente entre esta e outra rocha na que se apoia, queimando despois a roupa que levaban ou colgándoa das árbores. Segundo os veciños, hai poucos anos aínda se podían ver prendas de cativos colgadas nas árbores e, na actualidade, todavía hai colocadas velas no interior da rocha. Estamos pois, ante un claro expoñente do culto popular á natureza, neste caso a unha rocha á que se lle asociaban poderes curativos.
 
Accesos: En Perrelos hai que coller a pista que leva a Cortegada. Despois de percorrer 2 km aproximadamente e de pasar o Castro, nunha corta recta antes de chegar ao alto, xa se observa a rocha a man esquerda, entre uns carballos.

volver a búsqueda