Referencia: |
060179 |
Nomenclator: |
3207808 |
Coord. UTM: |
x: 61373029 y: 466274423 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PERRELOS |
Lugar: |
Perrelos |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Castros |
Subtipo: |
Castro |
Etapa Histórica: |
Idade do Ferro |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Castro de ladeira, de boas proporcións, situado a 780 m de altitude sobre o nivel do mar, ao Sur do alto da Barrichanca. Presenta forma oval, de 110 m de longo por 75 m. de largo, aproximadamente, e cume chairo cunha plataforma habitacional cara o Leste. Conta con boas defensas naturais, que se ven reforzadas por murallas e dúas liñas de foxo con alta escarpa e contraescarpa, alomenos no lado Norte e Oeste, zona á que se pode acceder a pesares da abondosa maleza existente. Non obstante, non se pode acceder as zonas máis altas do castro.
Accesos: En Perrelos, cóllese a estrada local que leva a Cortegada. Despois de escasos 2 km xa se observa o castro á dereita. Existe un camiño ao pé do castro que dá acceso a este e ao alto da Barrichanca.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078004.