Referencia: |
060180 |
Nomenclator: |
3207808 |
Coord. UTM: |
x: 61455240 y: 466141390 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PERRELOS |
Lugar: |
Perrelos |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Romanos |
Subtipo: |
Xacemento Romano |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Ao carón da Igrexa parroquial de Santa María de Perrelos, nunhas terras que outrora pertencían ao Diestro e que actualmente son de propiedade privada, situadas na ladeira dun pequeno outeiro, apareceron -e aparecen- segundo a testemuña do Sr. Santos, propietario da vivenda que alí existe, numerosos anacos de "tellóns".
Os restos concéntranse principalmente á esquerda do seu cobertizo, continuando cara o Sur, atravesando a pista, ata chegar á finca que hai ao outro lado desta. Estes achádegos, xunto con algúns fragmentos de cerámica e tégula con pestana de pastas amarelas que se observan en superficie, evidencian a existencia dun asentamento de época romana, cuxa extensión é difícil de precisar.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078005.