Referencia: |
060181 |
Nomenclator: |
3207808 |
Coord. UTM: |
x: 614400 y: 4660300 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PERRELOS |
Lugar: |
Perrelos |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Túmulos Megalíticos |
Subtipo: |
Túmulo Megalítico |
Etapa Histórica: |
Neolítico |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
A paraxe coñecida co nome de "Piñeira Danta" ou "A Anta", localízase ao Sueste de Perrelos, nunha zona chaira de labradío situada a 638 m. de altitude sobre o nivel do mar. Estas terras manteñen na toponimia a lembranza da existencia dun posible túmulo megalítico, do que hoxe en día non quedan restos visibles.
Accesos: En Piñeira de Arcos tómase a estrada local que leva ao núcleo de Sarreaus e, no segundo cruzamento de pistas, cóllese á dereita. A paraxe queda á esquerda da pista.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.. Clave de identificación: GA32078TOP5.