Referencia: |
060183 |
Nomenclator: |
3207809 |
Coord. UTM: |
x: 61534735 y: 466263432 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
SARREAUS |
Lugar: |
Padroso |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Forno |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio de planta rectangular, con muros de cachotería en seco -excepto á dereita da porta de entrada que presenta encintado de cemento-, e cuberta con armazón de madeira a dúas augas e tella mixta. Á esquerda da porta de acceso presenta un pórtico apoiado en dous piares de formigón, utilizado para gardar leña.
No interior, o solo está pavimentado con cemento e construíuse un mesado de mármore asentado sobre pequenos muros de ladrillo revestidos de cemento. O vaso do forno, adosado a un esquinal, é rectangular e presenta frontal recto realizado con perpiaño encintado, lareira corrida por todo el a modo de zócolo e chapilé de boa labra apoiado sobre dous canzorros. Sobre o vaso do forno levantáronse varios piares de ladrillo para soster a cuberta e unha cheminea do mesmo material sobre o chapilé.