Referencia: |
060194 |
Nomenclator: |
3207809 |
Coord. UTM: |
x: 61557324 y: 466061764 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
SARREAUS |
Lugar: |
Sarreaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Capelas |
Subtipo: |
Capela |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Barroco |
Descrición:
Edificio de planta rectangular, sobre zócolo, con muros de perpiaño -irregular na parte traseira-, e cuberta a tres augas con tella mixta. Na fachada principal presenta porta alintelada con moldura acovadada nos ángulos e ventás cadradas aos lados. Nos esquinais da fachada arquitrabes con pequenas placas de perfil inferior mixtilíneo e sobre elas pináculos sobre base prismática. Coroa a fachada unha espadana dun só arco, con arquitrabe no terzo superior e remate con cruz latina e pináculos sobre bases prismáticas aos lados.
Nos libros de fábrica da parroquia cítase, no lugar de Sarreaus, unha capela dedicada ao "Santo Angel de la Guarda". Foi fundada polo abade Juan Perez, segundo se recolle na visita pastoral do 27 de maio de 1679.
Nunha memoria dos abades da feligresía dise o seguinte: "Don Juan Pérez natural de Orzelles fue abad de este beneficio de San Salbador de Rio de Freijo por los años de seiscientos=fundo la capilla del Santo Anguel de la Guarda en el lugar de Sarreaus: dotal en ducado y medio de renta sobre vienes que compro para sus reparos. Y el dia primero de marzo con una misa cantada y cinco rezadas. Murio el año de mil seiscientos y catorze. Suzediole Don Antonio Sarmiento" (Libro de contas de fábrica, 45-17-11, folio 98).
En 1737 foi edificada de novo, segundo consta nas contas do ano. Costou 983 reales de vellón. Desta capela díse o seguinte: "[.. ..] que esta fundado un aniversario de una misa cantada por la limosna de diez y siete reales vellon; y otras cinco rezadas que todos deben de celebrar en dicha capilla el día primero del mes de cada año [.. ..] y para ayuda de los reparos de la capilla se paga alguna renta con que se hallan gravados algunos vienes [.. ..]" (Libro de Contas de fábrica, 45-17-12, visita pastoral do 27de agosto de 1827, folio 95).
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Unterés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
Libro de contas de fábrica, 45-17-11.