Referencia: |
060200 |
Nomenclator: |
3207809 |
Coord. UTM: |
x: 61614754 y: 466091047 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
SARREAUS |
Lugar: |
Sarreaus |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Muíño |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Muíño de cubo, de planta rectangular e cuberta a unha auga con tella curva. Os muros están levantados con perpiaño regular e irregular segundo as fachadas, presentando nalgúns casos encintado. Presenta ancha lovada pétrea e cubo rectangular inclinado, protexido na parte superior cun somier, que surten de auga a dous rodicios situados no inferno e separados por un muro de perpiaño. Non se accedeu ao interior. O edificio do muíño foi ampliado con cachotería e ten adosada unha vivenda.