Referencia: |
060209 |
Nomenclator: |
3207809 |
Coord. UTM: |
x: 61612434 y: 466305239 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
SARREAUS |
Lugar: |
Tarrazo |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Castros |
Subtipo: |
Castro |
Etapa Histórica: |
Idade do Ferro |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Castro de ladeira situado a 792 m. de altura, de forma circular, cun eixo máximo de 90 m., e cume chairo, lixeiramente arqueado. Está cinguido ao exterior por un terraplén duns 8 m. de altura máxima e por unha primeira liña de foxo que o circunda con alta escarpa e contraescarpa que, ao O. e N.O., está alterada polo trazado dun camiño. Ao Sur, un segundo foxo reforza as defensas do castro e a entrada principal, situada no lado Sueste.
Segundo a Ficha do Inventario de Xacementos arqueolóxicos, sobre o terreo atopáronse "anacos de cerámica de pastas marróns e negruzcas, algúns deles pertencentes a bordes facetados". Actualmente, é difícil acceder á croa por estar chea de toxos, carballos e xestas.
O castro está situado ao Oeste de Tarrazo, entre o Arroio de Sas (ao Leste) e o de Padroso (ao Oeste). Para chegar a el é preciso coller un camiño á esquerda que parte dende as primeiras casas da aldea e, a 80 metros, desviarse por outro á dereita, que leva directamente ao castro. Preto deste último camiño existía antigamente unha canteira, hoxe case atoada.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078006.