Xacemento da Abelaira-A Cavadiña

mapa ficha

Referencia:

060210

Nomenclator:

3207809

Coord. UTM:

x: 61634006 y: 466298842

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

SARREAUS

Lugar:

Tarrazo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Abelaira-A Cavadiña

Descrición:

En Tarrazo, despois de pasar as primeiras casas da aldea e antes de chegar a unha curva cerrada á dereita, sitúanse os lugares da Abelaira e A Cavadiña, na marxe dereita e esquerda da pista, respectivamente.
 
Nestes terreos, localizados preto do Castro de Tarrazo e ocupados por dúas vivendas unifamiliares, apareceron, segundo se recolle na Ficha de Inventario de xacementos arqueolóxicos de Xunta de Galicia, "restos de tégula, cerámica e pedras graníticas de bo corte, quizais pertencentes a muros", o que evidencia a existencia dun asentamento, previsiblemente de época romana, cuxa extensión é difícil de precisar.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.. Clave de identificación: GA32078007

volver a búsqueda