Referencia: |
070001 |
Nomenclator: |
3208201 |
Coord. UTM: |
x: 611796 y: 4655762 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ABAVIDES |
Lugar: |
Seixo, O |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Igrexas |
Subtipo: |
Igrexa |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Igrexa de finais do século XVII, pero reedificada no primeiro cuarto do XVIII. Consta dunha planta rectangular cunha soa nave, co corpo do presbiterio de maior tamaño, en forma de torreón e máis elevado. No lateral esquerdo ten adosado un volume cúbico correspondente á sancristía. Presenta cuberta de tella do país a dúas augas na nave central, a catro no presbiterio e a unha na sancristía. Na fachada principal unha porta con arco de medio punto, con liña de imposta en resalte e moldura no extradós. Baixo a liña de imposta, ao lado dereito da porta hai unha placa metálica. Na clave e na moldura hai sendos elementos decorativos. Sobre a portada, óculo cuadriforme e espadana de dobre corpo, con arco dobre no inferior e único no exterior rematado cunha cruz. Destacan seis pináculos de bolas, dispostos de dous en dous no tellado e nos dous corpos da espadana; conservando tres campás. No arranque do campanario hai unha inscrición, noutro sillar máis abaixo vese outra. Á esquerda da portada hai unha inscrición númerica e unhas siglas.
A igrexa está rodeada por un muro de sillares e as caras traseiras dos propios panteóns. O adro é de tamaño medio cunha serie de lápidas no chan aos pés da porta principal de acceso. Os seus muros fixéronse no ano 1835, f.243v. Libro 41.1.5.Contas do ano 1835. "Ytem la es de doscientos cuarenta reales que entrego a los canteros que hizieron las paredes del camposanto".
O retablo maior fíxoo o escultor Gregorio Álvarez de Araúxo 1773, escultor que no 1753 cando se realiza o catastro do marqués da Ensenada decíase veciño de Quintela de Leirado. (Libro 41.1.5. F.155. Carta de pago do maestro que fixo o retablo veciño da feligresía se S. Pedro de Leirado).
No libro de José Ramón Hernández Figueirido "As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Alta Limia" recóllese na páxina 42 e 44 o mal estado desta igrexa e a autorización para a súa reedificación no lugar actual.
ABAVIDES
Libro 41.1.5.
S.f. Ao principio do libro hai unha serie de documentos cosidos. Un deles é a fundación da capellanía de Dª Francisca Fidalgo y Araujo.
"Por quantto Doña francisca fidalgo y Araujo celivata vezina de la felegresia de san Martin de avavides deste ovispado en la Yglesia Parroquial de dicha feligresia y altar del eccomo o christo con la cruz a cuestas que se alla en dicha Yglesia dentro de la Capilla maior de ella al lado del evagelio (sic) que se hizo y edifio a su costa fundo una capellania colativa perpetua de Patronato de legos de la abocazion suso dicha..." Do primer cuarto do s. XVIII.
S.f. Fundación da Capellaní do Neno Xesús por Dona Catalina Paez de Sotomayor viuda do sarxento Don Antonio de Arenzano Castellano. Di a.como se ha de romper a parede da igrexa para facer a capela. Testamento 1667.
No f.19. Visita do 2 de Maio de 1651, fálase da fundación dunha ermida: "informose su Merced de la fundacion desta hermita y allo que los vecinos del lugar le avian dotado un ducado de Renta en cada un año y le avian situado sobre una heredad que los mismos vecinos vendieron, ya algunos años que no se a pagado dicha cantidad por tanto mando su Merced que los vecinos Reparen dicha hermita de lo necesario y el Abbad les obligue a su cumplimiento con excomunion mayor".
No f.41. Visita 9 de Xullo 1665. "... Tiene una hermita de San Payo no tiene dotaçion alguna". A anterior cita débese referir a esta ermida de San Paio, da que
na actualidade non se conservan restos nin se coñece onde estaría ubicada. No libro de Hernández Figueirido (páx. 43-44) recolle que debeu estar situada no lugar da igrexa vella.
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achagamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006, pp. 41-45.
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
ABAVIDES
Libro 41.1.5.