Referencia: |
070007 |
Nomenclator: |
3208201 |
Coord. UTM: |
x: 611597 y: 46553080 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ABAVIDES |
Lugar: |
Abavides |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Cruceiros |
Subtipo: |
Cruceiro |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Nun outeiro coñecido como O Calvario, atopamos este curioso cruceiro. Presenta un pedestal de dobre corpo, o baixo ten forma rectangular e o alto de forma prismática. O varal é rectangular. Carece de cruz, directamente sobre o capitel de sección cadrada e estreito, sitúase a imaxe dunha Dolorosa. No pedestal hai dúas inscricións. A do frontal recente e perfectamente lexible, e a da cara lateral, só se aprecian unhas cifras.
O pedestal máis alto e a imaxe son da mesma época, 1689. O varal e o outro pedestal son do século XX, xa que nos anos 40 un vendaval derribou o antigo cruceiro. Non foi reposto ata 1960, grazas a xenerosidade dun veciño.
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNANDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Alta Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006, pp. 40-41
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.