Referencia: |
070016 |
Nomenclator: |
3208202 |
Coord. UTM: |
x: 612051 y: 4652157 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
CHAMOSIÑOS |
Lugar: |
Chamosiños |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Capelas |
Subtipo: |
Capela |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Capela realizada en perpiaño de planta rectangular, dunha soa nave con cuberta de tella a dúas augas. Na fachada principal ten porta lintelada cunha lumieira con inscrición. Presenta remate de espadana con pináculos de bolas nos extremos. O remate superior ten arco de medio punto flanqueado tamén por pináculos de bolas e coroado con cruz florenzada sobre base cuadrangular. Nas fachadas laterais ten dous vanos rectangulares abucinados. Atópase rodeada por un muro de bloque cunha porta metálica na entrada e úbícase no Campo da Festa, diante está o palco e a súa esquerda a antiga escola.
Durante o século XVIII estivo adicada a San Ramón, así o recolle o libro de visitas 41.6.5:
- fol.62v., 1764 "ay en esta feligresia y sus Anexos cinco Hermitas una de san Amaro, y otra de san Ramon, decentes […]
- fol.70v.,1779 "Que a la capilla de San Mauro yncluse en los terminos de Lobaces [...] se le ponga una cerradura [...] y lo mismo se haga en el mismo termino en otra que ay en el lugar de chamusiños [...] preserbarla que entren ganados en ella como sucede en entrambas con escandalo de quantos las ven aun de los mas Rusticos".
No século XIX no ano 1827 pasa a estar adicada á virxe do Pilar: fol.80v. 1827 "Hay junto al lugar de Chamusiños una ermita o capilla, que se tituló de San Ramón; mas en el dia se titula en nuestra señora del Pilar, por cuantose halla colocada en ella su ymagen y retirada a la yglesia la de san Ramon; cuia ermita se sostiene con las limosnas de los devotos".
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006, pp. 85-86.
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
CHAMUSIÑOS, Santa Baia.
41.6.5. Visitas (1679-1827).