Referencia: |
070017 |
Nomenclator: |
3208202 |
Coord. UTM: |
x: 612945 y: 4652251 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
CHAMOSIÑOS |
Lugar: |
Santa Baia de Chamosiños |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar da Lama atópase este conxunto de lavadoiro e fonte de manancial, realizada en perpiaño, con estrutura rectangular e cuberta plana. Nos muros laterais van imbricadas dúas laxes horizontais a modo de banco. Na parte inferior, laxe fincada no chan moi desgastada polo uso. A entrada pechouse cunha porta de madeira.
Ao seu carón, lavadoiro rectangular tamén de perpiaño, coas laxes dos bordos inclinadas para facilitar o lavado da roupa.