Casa Singular

mapa ficha

Referencia:

070021

Nomenclator:

3208203

Coord. UTM:

x: 616804 y: 4655575

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

ESCORNABOIS

Lugar:

Escornabois

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa Singular

Descrición:

Situada na zona coñecida como o Outeiro, tras a Capela de San Roque, atópase esta singular vivenda realizada en perpiaño. Presenta planta rectangular e cuberta de tella do país a dúas augas. Consta de dúas fachadas, a do lado máis curto ten baixo e primeiro andar con porta de acceso central e dous vanos. A outra, ten dúas portas de acceso correspondentes unha, á  zona de habitación con arcada de medio punto con grandes doelas. A outra, a zona de traballo e animais cunha porta con lumieira.
 
Segundo a información dada polos veciños no interior albergaba tres vivendas independentes.

volver a búsqueda