Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

070022

Nomenclator:

3208203

Coord. UTM:

x: 616782 y: 4655573

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

ESCORNABOIS

Lugar:

Escornabois

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Roque

Descrición:

Na zona coñecida como o Outeiro, sitúase esta capela de perpiaño de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a tres augas. A fachada ten unha porta central lintelada e dous vanos un a cada lado, ademais do remate superior en espadana dun só corpo con arco de medio punto coroado por unha cruz. Cara a zona do altar nos muros laterais ábrense uns pequenos vanos rectangulares.
 
Ten un pequeno adro delimitado por un muro baixo de sillería, que ten nun dos seu lados un rebanco corrido. Neste adro destaca un carballo centenario.  
Reedificouse a principios do século XIX, variando a súa ubicación orixinal como se recolle no libro 41.16.10 de ZOS, Santa María. VILADEREI, San Salvador no fol.247, 1882 "bendici, asistido de otros sacerdotes, la capilla de San Roque sita frente a la carretera general en este pueblo, la cual fue redificada con limosnas del pueblo por haverse arruinado la antigua que estaba a corta distancia de esta".  
 
 Hai referencias en:
41.16. 3 de VILADEREI, San Salvador:
 - fol 35, 1677. Visita "una ermita de San Roque" e no
 - fol.43, 1687. Visita "Ay dos hermitas, una de San Roque y otra de nuestra Señora de Castelo, ay mas otra de San Andres, que estan con mediana decencia".
41.7.8  de ESCORNABOIS, Santa Marina, fol 165v. 1687. "Ay una hermita del glorioso San Roque que está con aseo".
41.7.10 de ESCORNABOIS, Santa Marina, fol.86v.,1828 "Hay dos hermitas una consu adbocacion a Sn Roque en medio de los dos lugares del Barrio de Arriba y Barrio de Abajo [...] tiene obligacion de sostenerle los vecinos se halla bastante deteriorada el altar [...] no tiene caliz ni ornato".
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006, p. 96.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
   VILADEREI, San Salvador
      41.16.3. Fábrica (1668-
   ESCORNABOIS, Santa Marina.
      41.7.8. Visitas (1596-
      41.7.10. Fábrica (1718-1840).
   ZOS, Santa María. VILADEREI, San Salvador.
      41.16.10. Visitas (1586-1764). Fábrica (1592-1684).

volver a búsqueda