Referencia: |
070023 |
Nomenclator: |
3208203 |
Coord. UTM: |
x: 616998 y: 4655548 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ESCORNABOIS |
Lugar: |
Escornabois |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Reitorais |
Subtipo: |
Casa Reitoral |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
A reitoral ten planta en forma de "U" realizada en perpiaño e con cuberta de tella do país a dúas augas.
A fachada presenta dúas zonas divididas por unha gran cheminea. Á dereita, a zona de vivenda con porta de acceso na planta baixa e catro vanos de diferentes tamaños no primeiro andar. Á esquerda, a zona de uso gandeiro-agrícola cunha gran porta central e un pequeno vano no primeiro andar.
No patio interior traseiro atoparíanse dous alpendres para a leña, cinco cortes, un depósito para as patacas, a mais dunha palleira que dista da casa uns treinta metros.
No libro 41.7.10 de Escornabois, Santa Marina, no fol 51, 1769.Visita, aparece a seguinte referencia: "Tiene casa y diestros".
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. pp. 96-97.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
ESCORNABOIS, Santa Marina
41.7.10. Fábrica (1718-1840).