Cruceiro

mapa ficha

Referencia:

070025

Nomenclator:

3208203

Coord. UTM:

x: 616886 y: 4655598

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

ESCORNABOIS

Lugar:

Escornabois

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro

Descrición:

No camiño da igrexa atópase este cruceiro, ao seu carón atópase un peto de ánimas. Asenta sobre plataforma de tres gradas, pedestal cúbico cos extremos en bisel e inscrición perimetral. Presenta varal octogonal aristado rematado por cruz de sección cadrada sobre capitel de volutas. No arranque do varal destacan en relevo e gravados varios elementos da Paixón. A cruz vai decorada coa imaxe do Crucificado e Dolorosa sobre cabeza da anxo.
 
Trátase do cruceiro de ánimas máis antigo da provincia de Ourense, como asegura o epígrafe, no ano 1763.   
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985. p. 318.
-FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E.; Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 1997.
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achagamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. p. 94.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda