Referencia: |
070026 |
Nomenclator: |
3208203 |
Coord. UTM: |
x: 616883 y: 4655598 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ESCORNABOIS |
Lugar: |
Escornabois |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Petos de Ánimas |
Subtipo: |
Peto de Ánimas |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No camiño da igrexa, ao carón do cruceiro, sitúase dito peto. Presenta corpo de sección cuadrangular rematado con forma de tellado a dúas augas. Cara a parte superior, ten unha fornela con arco de medio punto e moldura que cobixa unhas figuras entre as lapas representando ás Ánimas do Purgatorio. No centro ten unha pequena porta rectangular con fecho para as esmolas.
No vértice do telladiño, ten un burato circular onde encaixaría unha cruz que xa non conserva.
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985. p. 318.
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. p. 94.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.