Referencia: |
070027 |
Nomenclator: |
3208203 |
Coord. UTM: |
x: 616782 y: 4655583 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ESCORNABOIS |
Lugar: |
Escornabois |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
No lugar do Outeiro, atópase esta fonte de cano, realizada en perpiaño e de estrutura triangular con remate superior en forma cúbica. Na cara frontal hai unha inscrición numérica, na lateral esquerda, o relevo do xugo e as frechas da falanxe. A fonte vai rematada por unha forma piramidal. Ademais ten un estanque cuadrangular sobre un pequeno chanzo e leva adosado a súa dereita outro estanque de maior tamaño de forma rectangular.