Referencia: |
070096 |
Nomenclator: |
3208201 |
Coord. UTM: |
x: 611660 y: 4655176 |
Concello: |
Trasmiras |
Parroquia: |
ABAVIDES |
Lugar: |
Abavides |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Necrópoles |
Subtipo: |
Necrópole |
Etapa Histórica: |
Idade Media |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Emprazado nunha pequena chaira, ao sur de Abavides, no lugar do Calvario, atópase este lugar funerario. En total contabilízanse dous sepulcros escavados na rocha. Debido á abondosa vexetación existente, só poidemos ver un deles, con tipoloxía antropomorfa e coas seguintes dimensións: 1.85 x 38 cm, de ancho máximo; na zona da cabeza, 20 cm e na dos pés, 22 cm.
Segundo a ficha da Xunta e dos propios veciños, hai outro sepulcro con forma de lápida e coas seguintes medidas: 1.87 x 47 cm, de ancho máximo e 27 cm de mínimo. Ademais, presenta un orificio na súa parte inferior. Nesta revisión non se localizou.
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. p. 30.
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA320821010