Xacemento A Cocha dos Mouros

mapa ficha

Referencia:

070122

Nomenclator:

3208208

Coord. UTM:

x: 616520 y: 4651991

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

VILA DE REI

Lugar:

Vila de Rei

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento A Cocha dos Mouros

Descrición:

Aos pés do outeiro das Campaniñas, á dereita do Camiño da Santa (camiño vello de Vila de Rei ao Castelo) e sobre un penedo granítico sitúase este sepulcro. Está orientado ao leste, responde á tipoloxía antropomorfa coa cabeza ben marcada e cun resalte perimetral no seu bordo. As súas dimensións son, ao exterior: 210 x 100 cm, no extremo máis ancho e 45 cm, no máis estreito. As dimensións interirores son: 180 x 68 cm.
 
O sepulcro formaría parte dunha necrópole, desaparecida pola extracción de pedra á que se veu sometido o emprazamento.    
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parrroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. P. 147.   
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32082002.

volver a búsqueda