Referencia: |
090083 |
Nomenclator: |
3203206 |
Coord. UTM: |
x: 61202890 y: 464820783 |
Concello: |
Xinzo de Limia |
Parroquia: |
GUDÍN |
Lugar: |
Gudín |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Necrópoles |
Subtipo: |
Necrópole |
Etapa Histórica: |
Idade Media |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Para chegar ó lugar é preciso coller un camiño á dereita xusto antes da ponte que se sitúa á entrada do pobo, subindo 750m cara ó norte sen abandonar o camiño ata chegar á segunda liña de Alta Tensión, aquí a mellor opción é seguir o seu trazado á esquerda durante uns 250m. As tumbas atópanse a uns 20m ó sur. No lugar atópanse dúas sepulturas antropomorfas separadas entre si uns 20m. As dúas teñen orientacion leste - oeste e están escavadas na parte central dun afloramento rochoso que non sobresae máis de 20cm do chan. O primeiro deles nunha cota superior é de forma redondeada, marcándose no interior a forma antropomorfa. Está prácticamente cuberto pola sedimentación. O outro sepulcro, con caída cara ó leste, presenta un surco a 20cm rodeando o espazo escavado de enterramento. Nas inmediacións nunha rocha de grande tamaño existe outra concavidade de aproximádamente un metro e medio de longo que nun principio debe ser considerada coma unha pía natural.
DOCUMENTACIÓN:
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Xinzo de Limia. Clave de Identificación: A-12