Petroglifo Caneiro 2

mapa ficha

Referencia:

090085

Nomenclator:

3203206

Coord. UTM:

x: 61192132 y: 464622303

Concello:

Xinzo de Limia

Parroquia:

GUDÍN

Lugar:

Gudín

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Petroglifos

Subtipo:

Petroglifo

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Petroglifo Caneiro 2

Descrición:

Moi preto dun camiño e formando parte dun valado, atópase a rocha na que se gravaron os motivos. Ten un tamaño considerable e de forma oval formando parte dun afloramento rochoso. Aparece representado na súa superficie un interesante panel  no que o motivo principal son as cazoletas de variado tamaño e profundidade concentrándose no extremo norte onde varias destas cazoletas únense por unha liña con ramificacións. Compleméntase con tres círculos de pequeno tamaño, en dous dos cales unha cazoleta é o centro.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
BARANDELA RIVERO, I.; LORENZO RODRÍGUEZ, J.M. Petroglifos de Ourense. Deputación de Ourense. Ourense. 2004
BARANDELA RIVERO, I.; LORENZO RODRÍGUEZ, J.M. Os petroglifos de Gudín. Auria, nº 58. Ourense. 2002. Pp. 18-23

volver a búsqueda