Xacemento do Alto do Seixo

mapa ficha

Referencia:

090088

Nomenclator:

3203206

Coord. UTM:

x: 61141469 y: 464671746

Concello:

Xinzo de Limia

Parroquia:

GUDÍN

Lugar:

Gudín

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Alto do Seixo

Descrición:

Á altura do qm 5 da estrada que comunica Gudín con Baltar, á dereita desta, hai un camiño de terra que comunica tras uns 20m coa primeira das tumbas. No lugar existen catro zonas de sepulturas que agrupan 9 tumbas. Actualmente o terreo está cuberto por xestas. A primeira delas, mencionada anteriormente, sitúase baixo un grande penedo é trátase da máis pequena das localizadas (1,22 x 0,29) con orientación leste - oeste. Ós pés ten un pequeño furado por onde evacúa a auga. A sesenta metros con dirección noroeste existe un grupo de enterramentos composto por tres sartegos escavados no afloramento rochoso con orientación leste - oeste. O primeiro (1,64 x 0,44) de forma antropomorfa ten un resalte na cabeceira en forma de semicírculo con acanaladuras verticais formando segmentos. O enterramento contiguo atópase parcialmente cuberto pola sedimentación mentres que o terceiro (1,17 x 0,48) na parte superior ten forma redondeada e no interior adopta a antropomorfa. O terceiro grupo sitúase a 20m deste último grupo en dirección suroeste e a uns 60m ó noroeste da primeira tumba. Está composto por dúas tumbas (1,65 x 0,42 e 1,75 x 0,50) con orientación norte sur escavadas no mesmo afloramento prácticamente en posición paralela. A máis ó oeste ten gravado encima da cabeceira unha cruz de brazos iguais. Segundo a ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia existe un cuarto grupo de enterramentos máis ó sur do terceiro grupo, ó oeste da primeira. Naquel momento xa se atopaban prácticamente cubertos pola terra. Actualmente a densa vexetación de xestas e a sedimentación non permiten a súa localización.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: A-14
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Xinzo de Limia. Clave de Identificación: GA32032014

volver a búsqueda