Referencia: |
090158 |
Nomenclator: |
3203214 |
Coord. UTM: |
x: 61256307 y: 464857698 |
Concello: |
Xinzo de Limia |
Parroquia: |
NOVÁS |
Lugar: |
Mosteiro, O |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Necrópoles |
Subtipo: |
Necrópole |
Etapa Histórica: |
Idade Media |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Dende a estrada que comunica Novás con Gudín no pobo de Mosteiro colle-la última pista que sube para este. Onde remata o asfaltado continúa unha pista de terra. O lugar atópase na finca colindante á última casa á man esquerda do camiño. No lugar existen catro sepulcros escavados na rocha máis un quinto que foi destruído coa construción da casa. Un grupo de tres non é visible debido a estar totalmente tapados por sedimentos e maleza. O restante sitúase nunha zona chaira actualmete de matorral pegado ó valado de peche da casa. Ten orientación noroeste - suroeste con forma antropomorfa. Os veciños relatan que nunha rocha cercana (hoxe dentro da finca da casa) existía unha capela "A Capela dos Mouros" á que pertences as tumbas. Moi cercano a estas sitúase o xacemento de As Cortiñas.
DOCUMENTACIÓN:
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Xinzo de Limia. Clave de Identificación: A-9
Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32032009