Xacemento do San Breixo

mapa ficha

Referencia:

090243

Nomenclator:

3203219

Coord. UTM:

x: 61037145 y: 465935292

Concello:

Xinzo de Limia

Parroquia:

SOLBEIRA DE LIMIA

Lugar:

Pidre

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do San Breixo

Descrición:

Nas aforas do pobo de Pidre ó carón da estrada que comunica este pobo co de Solbeira sitúase o xacemento de O San Breixo. Trátase dunha pequena esplanación onde existían, ata non hai moito tempo, dúas sepulturas antropomorfas escavadas na rocha, así como tamén se tiñan recollido materiais romanos, tegula, cerámica común, un muíño e un fuste de columna, reaproveitado por un veciño nunha casa. Segundo Rodríguez Colmenero podían recoñecerse os fundamentos dunha antiga capela. Actualmente a zona está moi abandonada e non hai moito tempo que unha máquina escavadora entrou no lugar rompendo os sepulcros. Deles só se recoñeceu un que conserva o lateral esquerdo contando con unha lonxitude aproximada de un metro setenta. Debido á abundante vexetación e cobertura vexetal non é posible adverti-la presencia de materiais en superficie.
 
BIBLIOGRAFÍA:
RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Galicia Meridional romana. Universidad de Deusto. Bilbao. 1977. pax. 160
 
DOCUMENTACIÓN:
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Xinzo de Limia. Clave de Identificación: A-33
Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32032033
 

volver a búsqueda