Sartego de Vilamaior

mapa ficha

Referencia:

01019701

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603489 y: 4642254

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Sartego de Vilamaior

Descrición:

Dende Baltar, coller a antiga estrada que conduce cara a Vilamaior da Boullosa. Na entrada do núcleo, á man esquerda, atópase o bar-casa "Palomín". A peza localízase na parte traseira desta vivenda, concretamente no seu xardín, adosado a un muro de bloque que pecha a finca.
 
Trátase dun sartego de forma trapezoidal escavado en rocha granítica. Procede dunha antiga forxa que existía en Vilamaior, onde se empregaba como pía para o temple do metal, polo que lle praticaron un rebaixe no extremo máis ancho, a modo de aliviadeiro da auga. Descoñécese a súa procedencia orixinal, estaría nunha rocha.
 
Contén diversas ferramentas e auga no seu interior. Recentemente trasladouse a este bar, xa que a ficha da Xunta do ano 95 recolle que se atopaba no serradoiro de pedra "Palomín".

volver a búsqueda