Ara da Capela de Nocelo

mapa ficha

Referencia:

03013601

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 60001700 y: 465119800

Localización:

Capela de Santomé

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

Nocelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ara da Capela de Nocelo

Descrición:

Medidas:66x35cms.; I. 3cms.
A peza foi dada a coñecer por Rivas Fernández e Seara Carballo a finais da década dos 80 do século pasado (1). Atópase no interior da capela de Santo Tomé de Nocelo (Sobreganade), facendo as veces de pé de altar. A inscripción desta ara votiva romana daba a coñecer unha deidade indíxena ata o de agora descoñecida: ARIOVNIS. Este nome aparece acompañado por unha curiosa adxetivación, de referencia local; MINCOSEGAEIGIS.
A peza está realizada nun granito de gran calidade, o texto está completo, perfectamente lexible e ben ordenado. Fai alusión á divinidade, seguido do dedicante para posteriormente rematar coa clásica fórmula dedicatoria.
 
INTERPRETACIÓN:
ARIOVNIS
MINCOSEG
AEIGIS
C(aius) NARCISIVS
RVFVS
V(otum). S(olvit). L(ibens). M(erito)
 
 
NOTAS:
(1)-RIVAS FERNÁNDEZ, J.C., SEARA CARBALLO, A.: "Nueva Aportación al Panteón Galaico Romano: Ariounis Mincosegaeigis", Boletín Auriense, XVIII-XIX, Ourense, 1988-89, pp. 95 ss.
 
 
 
 

volver a búsqueda