Ara romana de Codosedo

mapa ficha

Referencia:

06004101

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61573387 y: 466673722

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Ara romana de Codosedo

Descrición:

Trátase dunha ara votiva de época romana, descuberta e publicada por Rivas Fernández nos anos noventa. Atópase, xunto con outras pezas traballadas, embutida e reutilizada no muro traseiro dunha casa, propiedade de Dª. Olimpia Caneiro, que se situa á dereita da estrada que leva a Vilar de Barrio, entre as casas nº 34 e 36.
 
A peza, realizada nun bloque granítico de ton amarelado, está moi mutilada, froito do repicado que sufriu para poder adaptala como sillar no muro, perdendo o coroamento, o basamento e parte da inscrición. Esta preséntase en catro liñas, con letras duns 8 cm. de altura, e nela pódese ler:
 
Inscrición:
VLIO.C
AL.A(N)T.
(P)AI. APF
V.L.S.
 
Froito do repicado non se conserva o inicio da inscrición, onde debería aparecer o nome do deus ao que estaba dedicada; ao non ser que, como propón Rivas Fernández (1999), este se cite na terceira liña, resultando a seguinte recomposición:
[(inicial do praenomen) · I]VLIO · C[O] / [VT]AI (?) (filius) · ANT(.....)(?) · [.... / ......] IAI (?) · NEP(tuno) (?) / V(otum) · L(ibens) · S(olvit)

volver a búsqueda