Referencia: |
06004701 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61573774 y: 466659948 |
Localización: |
Inmoble indeterminado |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Indeterminada |
Tipo: |
Indeterminados |
Subtipo: |
Indeterminado |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Trátase dunha ara votiva descuberta por Barros Sivelo, a mediados do século XIX, cerca da Igrexa de Santa María de Codosedo. Logo de máis dun século ilocalizada, apareceu en 1999 tirada no estreito camiño que sube á igrexa, despois de derrubarse o muro da casa no que estaba embutida. A ara ingresou nese mesmo ano no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
A peza está moi mutilada, froito do repicado que sufriu para poder adaptala como sillar no muro. Na súa cara superior perdeu os rolos e o fóculo; tamén lle foron eliminadas as cornixas agás a do lado lateral esquerdo, que ten unha altura de 11 cm e sobresae ata 3 cm; igualmente foille picada a base. Na parte inferior, sobre o eixe central, foi labrado un curioso contorno de plano rebaixado. A súa parte superior, redondeada, ten unha anchura de 2 cm, para despois estreitarse e volverse abrir, esta vez con suave perfil en curva cara fóra. Puidese ser para encaixar unha peza metálica.
Presenta unha inscrición en cinco liñas, con letras que oscilan entre os 6,5 cm. e os 4 cm. de altura. O epígrafe está perdido na parte superior esquerda, polo que non se conservan os nomes do adicante e do seu pai.
Inscrición:
[- - -]Civs
[-] VII F Ba
ndveae[-]
iobrigo
V [L] . A . S
Interpretación:
[Mar?]civs
[R(?)]VII F(ilius) Ba
[n]dv(a)e Ae[t?]
iobrigo
V(otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit)
Tradución:
Marcius (?), fillo de Ruus(?), fai esta adicatoria a Bandua de Ae(t)iobrigo (?), cumprindo o seu voto con ánimo alegre. (Rivas Fernádez; Bol. Aur., XXIX, p. 39).
O teónimo Aetiobrigo, ou Aeliobrigo, pola súa desinencia -briga, podría estar facendo referencia, ao igual que ocorre no caso de Bandue Lansbrica para o castro de Las, a unha paraxe elevada ou fortificada existente na zona, tal vez ao castro de Codosedo.