Referencia: |
06004801 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61577070 y: 466653833 |
Localización: |
Inmoble indeterminado |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Indeterminada |
Tipo: |
Indeterminados |
Subtipo: |
Indeterminado |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Esta peza foi descuberta por Juan Carlos Rivas, en 1989, ao Sur da igrexa parroquial de Santa María de Codosedo, nun pasadizo existente entre unhas casas. Ingresou posteriormente, no 2001, no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Trátase dun bloque de sección rectangular, totalmente roto na parte inferior e superior. Presenta aos lados un dobre baquetón que enmarca un recadro reafundido que delimita o campo epigráfico. Tanto as caras laterais como a posterior están perfectamente lisas.
A inscrición, de tipo funerario, distribúese en cinco liñas, con letras de 7 cm. de altura:
Inscrición:
ALEC[...]
IBALI · F·
V · NEME
TOBRICA ·
HNC · SIT[...]
Interpretación:
Rivas Fernández (CEG, 1991):
Ale[cius B] / ibali · f(ilius) / v(icus) · Neme / tobrica · / H(ispaniae) · N(ovae) · C(iterioris) sit [...]
Rodríguez Colmenero (CEG, 2000):
1.- Alec[io B] / ibali · f(ilio) · / v(icus) Neme / tobriga · / h(ic)? n(on)? c(ubat)? s(it) t(ibi) t(erra) [l(evis)] Tradución: "O poboado de Nemetobriga fai esta adicatoria a Alecio, fillo de Bíbalo, pese a que non está enterrado aquí. Que a terra che sexa leve"
2.- Alec[io B] / ibali · f(ilio) · / v(icano) Neme / tobriga-e / H?N?C? Sit t(ibi) t(erra) [l(evis)] Tradución: "H? N? C? (adicantes) fai, ou fan, esta adicatoria a Alecio, fillo de Bíbalo, oriundo de Nemetobriga. Que a terra che sexa leve".