Referencia: |
06007301 |
Nomenclator: |
3207803 |
Coord. UTM: |
x: 60995366 y: 466632255 |
Localización: |
Inmoble indeterminado |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CORTEGADA |
Lugar: |
Cortegada |
Tipoloxía: |
Indeterminada |
Tipo: |
Indeterminados |
Subtipo: |
Indeterminado |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Menhir oblongo de granito de gran groso, de sección irregular e máis largo no terzo superior. Presenta diversas inscricións, estando algunhas delas superpostas, o que evidencia a súa reutilización. Na cara traseira ten inscritas tres cruces e a letra E, mentres que na principal ten unha cruz grega e un epígrafe bastante desgastado e de difícil lectura. Tomás Vega Pato, un dos máximos estudosos da peza, dí que se trata dunha inscrición cristiá, datable no século IX ao XII e que a súa lectura sería a seguinte:
"IDNH WIMARA
E B VR O NI + O N"
Interpretación:
I(n) D(omini) N(ostri) (i)H(esu) WIMARA EBURONI
A existencia e superposición destas inscricións indican unha cristianización e reutilización funcional do menhir. Pouco se sabe da finalidade e situación primitivas, pero todo parece indicar que o seu último destino foi servir de fito divisorio entre os concellos de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreaus, pois foi atopada moi próxima á intersección das liñas do límite destes concellos, preto do antigo camiño que atravesaba a Lagoa unindo Monterrei e Xunqueira de Ambía.
Dende xaneiro de 1987, e gracias ás obras promovidas pola Excma. Deputación Provincial de Ourense, a peza sitúase a escasos 70 metros do lugar do achádego, na marxe esquerda da estrada que une Cortegada e Casasoá. Exhíbese sobre unha plataforma cuadrangular de formigón, nun recinto delimitado por un pequeno cerramento de formigón e lascas de cachotería.