Igrexa parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

060039

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61577983 y: 466655807

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Románico
Igrexa parroquial de Santa María

Descrición:

Edificio de planta rectangular, coa ábsida destacada en planta, muros de perpiaño e cuberta a tres augas con tella curva. Os muros laterais están artellados por contrafortes e arquiños cegos; no Norte adósase unha capela. Na fachada principal, porta con tres arquivoltas e tímpano liso sobre mochetas e torre cadrada, con dous vans na parte superior en cada unha das súas caras. Foi engadida no século XVI. Portada Sur con arquivoltas e decoración de axedrezado nas impostas, e columnas con capiteis con decoración estilizada vexetal. Decoración na cornixa de bolas e de temas profanos nos canzorros. Algúns sillares teñen marcas de canteiro.
 
Nos libros parroquiais, en visita de 1640, consta o mandato de facer a cubrición do chapitel con madeira e tella (Libro de Visitas e contas, visita do 15 de maio de 1640, folio 30). Tamén consta, a existencia dun cabildo de pedra:"de sillería labrada y una cruz e piedra"   (Libro de Visitas e contas, 45-6-9, visita de 1 de marzo  de 1637, folio 19).
 
A cabeceira, cadrada e rematada en pináculos, foi engadida en 1707. Non aparece mención explícita no Libro de fábrica da parroquia, destas obras. Dende 1697 a 1709 recóllense os gastos da parroquia en: pintura da igrexa, para a campá, torre e para ornatos (Libro de contas de fábrica, visita do 24 de maio de 1711).
 
O Retablo Maior é barroco, con imaxes como a Asunción, San Pedro, San Andrés ou Santiago Peregrino. De gran calidade é unha talla da Inmaculada e un Santo Cristo do século XIV. Do mesmo século son a pía bautismal e un cáliz. A cruz procesional é barroca (De Juana, 1993).
 
Na visita pastoral do 13 de novembro de 1732, indícase o que costaron o retablo e as imaxes: "Primeramente se da y recive en Datta mill duzientos reales de velllon que tuvieron de costte el retoque y pinturas y dorar el retablo maior de dicha yglesia y de las ymagenes  [.. ..] " "con mas  ciento y cinquenta y
siette reales  y medio de vellon que tuvo de coste hazer de nuevo la Ynmagen de Nuestra Señoraqde la conzepcion [.. ..]"  (Libro 45-6-10, folio 128).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario litúrgico de la Diócesis de Orense. Fundación Barrié de la Maza, Pontevedra, 1983, p. 255.
- JUANA de, J., A Alta Limia. (A Terra que medrou vencellada a unha lagoa) .  Ir Indo, Vigo, 1993, p. 102.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de contas de fábrica, 45-6-10.

volver a búsqueda