Puñal de remaches 1 do Roupeiro

mapa ficha

Referencia:

06015205

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 618509 y: 4657680

Localización:

Xacemento do Roupeiro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Puñal de remaches 1 do Roupeiro

Descrición:

Puñal de base recta con dous orificios para o seu encabezamento mediante remaches. Folla irregular plana. Os buratos, cadrados, están dispostos diagonalmente á base. A súa situación asimétrica e o mal estado da folla poderían indicar o aproveitamento dunha folla anterior.
 
Medidas: Peso = 103.77 gr; Lonxitude = 15.1 cm; Anchura = 3.3 cm; Espesor = 0.65 cm.
 
Realizáronselle dous estudos da composición da materia: en 1995, mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica. Dada a dificultade de atribuír a cada obxecto a súa análise na serie S.A.M. por carecer de sigla ou referencia, é posible que esta peza teña sido analizada dentro deste proxecto (Junghans et alt. 1968: nº 7579, 7580, 7581, 7582 ou 7583) aínda que non se pode distinguir o que lle corresponde. Comoposición (%) segundo a analítica:
 
SERIE P.A. (6884)
Fe: 0.155
Ni: -
Cu: 99.09
Zn: -
As: 0.787
Ag: 0.003
Sn: -
Sb: 0.008
Pb: -
Bi: -]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

volver a búsqueda