Puñal de remaches 3 do Roupeiro

mapa ficha

Referencia:

06015207

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 618509 y: 4657680

Localización:

Xacemento do Roupeiro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Puñal de remaches 3 do Roupeiro

Descrición:

Puñal de base triangular, con dous orificios perforados para o seu encabezamento mediante remaches. Folla triangular cos lados rectos e os fíos biselados, de sección lenticular plana. Os buratos son ovalados e irregulares.
 
Medidas: Peso = 26.16 gr; Lonxitude = 8.1 cm; Anchura = 3.2 cm; Espesor = 0.25 cm.
 
Estudos da composición da materia: en 1995, mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o programa de "Arqueometalurgia de la Península Ibérica". Dada a dificultade de atribuír a cada obxecto a súa análise na serie S.A.M. por carecer de sigla ou referencia, é posible que esta peza teña sido analizada dentro deste proxecto (Junghans et alt. 1968: nº 7579, 7580, 7581, 7582 ou 7583) aínda que non podemos distinguir o que lle corresponde.Composición (%) segundo a analítica:
 
SERIE P.A. (6886)
Fe: 0.134
Ni: -
Cu: 99.25
Zn: -
As: 0.563
Ag: 0.022
Sn: 0.016
Sb: 0.014
Pb: -
Bi: -]

volver a búsqueda