Puñal de remaches 6 do Roupeiro

mapa ficha

Referencia:

06015210

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 618509 y: 4657680

Localización:

Xacemento do Roupeiro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Puñal de remaches 6 do Roupeiro

Descrición:

Puñal de base semicircular con alomenos dous orificios para o seu encabamento mediante remaches. Folla circular con ensanchamento na base, de lados cóncavos e fíos biselados. A sección é lenticular plana cos bordos rebaixados. Os buratos son de tendencia cadrada.
 
Medidas: Peso = 69.14 gr; Lonxitude = 18,5 cm; Anchura = 4.2 cm; Espesor = 0.25 cm.
 
Estudos da composición da materia: en 1995, mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica. Dada a dificultade de atribuír a cada obxecto a súa análise na serie S.A.M. por carecer de sigla ou referencia, é posible que esta peza teña sido analizada dentro deste proyecto (Junghans et alt. 1968: nº 7579, 7580, 7581, 7582 ou 7583) aínda que non podemos distinguir o que lle corresponde. Composición (%) segundo a analítica:
 
SERIE P.A. (6890)
Fe: 0.039
Ni: -
Cu: 98.80
Zn: -
As: 1.135
Ag: 0.006
Sn: -
Sb: 0.005
Pb: -
Bi: Tr]
 
 
 

volver a búsqueda