Referencia: |
06015211 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 618509 y: 4657680 |
Localización: |
Xacemento do Roupeiro |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Indeterminados |
Subtipo: |
Xacemento Indeterminado |
Etapa Histórica: |
Idade do Bronce |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Puñal alabardado de base recta con dous orificios perforados para o seu encabamento mediante remaches. Folla triangular de lados lixeiramente cóncavos na base. Presenta un acusado nervo central, polo que a súa sección é lenticular grosa. Os buratos, cadrados, están dispostos diagonalmente á base. O nervo parte dunha meseta central triangular na base.
Peso = 108.3 gr; Lonxitude = 17,3 cm; Anchura = 4.3 cm; Espesor = 0.63 cm.
Estudos da composición da materia: en 1995, mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica. Dada a dificultade de atribuír a cada obxecto a súa análise na serie S.A.M. por carecer de sigla ou referencia, é posible que esta peza teña sido analizada dentro deste proxecto (Junghans et alt. 1968: nº 7579, 7580, 7581, 7582 ou 7583) aínda que non podemos distinguir o que lle corresponde. Composición (%) segundo a analítica:
SERIE P.A. (nº 6880)
Fe: 0.096
Ni: 0.168
Cu: 99.73
Zn: -
As: -
Ag: 0.002
Sn: -
Sb: 0.002
Pb: -
Bi: -]