Ara a Nabiae de Nocelo da Pena

mapa ficha

Referencia:

06015301

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 61810072 y: 465901993

Localización:

Xacemento do San Pedro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Ara a Nabiae de Nocelo da Pena

Descrición:

Ara votiva procedente de Nocelo da Pena. Estaba formando parte da fachada da ermida de San Pedro e, cando esta se arruína, o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasládaa en 1835 ao adro da igrexa parroquial de San Lourenzo, facendo con ela e outras tres inscricións máis o pedestal dun cruceiro. Posteriormente, en 1897, o bispo don Pascual Carrascosa y Gabaldón doounas ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
 
A peza é un cipo prismático de sección cadrada, con inscrición en seis liñas. Todos os seus lados están repicados, e a parte superior esquerda do frontal está bastante deteriorado, o que impide unha lectura completa do epígrafe. A inscrición ocupa toda a fronte da peza, comezando a 4 cm. do bordo superior e terminando a 5 cm do inferior. As letras, ciceladas, non seguen unha liña recta, senón que paulatinamente van formando unha diagonal cara o bordo superior:
 
Inscrición:
[..]into
[..]ento
[.]i: Lagi
us · Na
biae · v(otum)
s(olvit) · l(ibens) · m(erito)
 
Rodríguez Colmenero interpreta este epígrafe como "[Qu]into / [Ev]ento / [T]i(berius) Lagi / us Na / biae v(otum) / s(olvit) l(ibens) m(erito)", sendo a súa tradución: "Por motivo dun quinto acontecemento favorable, Tiberio Lagio cumpriu o seu voto de libre vontade a Nabia". (Rodríguez Colmenero, A., Aquae Flaviae I, 1997, p. 154-155).

volver a búsqueda