Lápida de Antonino Pio de Nocelo da Pena

mapa ficha

Referencia:

06015303

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 61810072 y: 465901993

Localización:

Xacemento do San Pedro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Lápida de Antonino Pio de Nocelo da Pena

Descrición:

Lápida honorífica procedente de Nocelo da Pena. Estaba formando parte da fachada da ermida de San Pedro e cando esta se arruína, o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasládaa en 1835 ao adro da igrexa parroquial de San Lourenzo, facendo con ela e outras tres inscricións máis o pedestal dun cruceiro. Posteriormente, en 1897, o bispo don Pascual Carrascosa y Gabaldón doounas ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
 
Trátase dunha placa rectangular, con bastantes repicados nas arestas laterais, faltándolle un anaco no ángulo superior dereito. Presenta unha inscrición que ocupa toda a fronte da peza, distribuída en nove liñas, con letras ciceladas, de 6 cm. de altura:
  
Inscrición:
[I]mp(eratori) caes(ari) divi H[ad]
riani f(ilio) divi Traian[i]
[p]arthici nep(oti) divi
Nervae pronep(oti)
[T(ito)] Aelio Hadriano
Antonino aug(usto) pio
pont(ifici) max(imo) trib(unicia) pot(estate)
IIII co(n)s(uli) III p(atri) p(atriae)
(C)ivita[s] Limicorum.
 
Tradución:
A "civitas" dos Límicos fai esta adicatoria ao emperador césar augusto Tito Aelio Adriano Antonino Pio, fillo do divino Adriano, neto do divino Traxano pártico, bisneto do divino Nerva, pontifice máximo, posuíndo a potestade tribunicia pola cuarta vez e sendo cónsul pola terceira e pai da patria.
 

volver a búsqueda