Lápida de Adriano de Nocelo da Pena

mapa ficha

Referencia:

06015304

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 61810072 y: 465901993

Localización:

Xacemento do San Pedro

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Lápida de Adriano de Nocelo da Pena

Descrición:

Lápida honorífica procedente de Nocelo da Pena. Estaba formando parte da fachada da ermida de San Pedro e cando esta se arruína, o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasládaa en 1835 ao adro da igrexa parroquial de San Lourenzo, facendo con ela e outras tres inscricións máis o pedestal dun cruceiro. Posteriormente, en 1897, o bispo don Pascual Carracosa y Gabaldón doounas ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
 
Trátase dunha placa rectangular con inscrición en sete liñas, as dúas primeiras perdéronse ao retirala do seu primitivo asentamento na referida capela, xa que as primeiras transcricións que se realizan do epígrafe as inclúen; está cortada ao rentes da liña sete, pero esta última apóiase na comparación coa inscrición da lápida adicada a Antonino Pio. Os laterais parecen intactos. A inscrición ocupa toda a superficie da parte anterior e as letras teñen unha altura de 7 cm.
 
 
[..............]
[.............]
[........]ae nep
Traiano Hadria
no aug pontif
max trib pot XVI
cos III p p civitas
[.........]
 
Inscrición:
[Imp(eratori) caes(ari) divi Tra
iani parthici f(ilio)
divi Nerv]ae nep(oti)
Traiano Hadria
no aug(usto) pontif(ici)
max(imo) trib(unicia) pot(estate) XVI
co(n)s(uli) III p(atri) p(atriae) Civitas
[Limicorum]
 
Tradución:
Ao emperador Traxano Adriano augusto, fillo do divino Nerva, augusto, pontífice máximo, coa potestade tribunicia pola décima sexta vez, cónsul pola terceira vez, pai da patria, a "civitas" dos Limicos.

volver a búsqueda